ConcellosO BarcoÚltima hora

O aviso dunha persoa atrapada na súa vivenda, no Barco, mobiliza aos servizos de emerxencia

 

Na mañá deste mércores 4 de outubro, o aviso dunha persoa de avanzada idade atrapada no seu domicilio, no centro do Barco, mobilizaba aos servizos de emerxencia, que acudían ao lugar de inmediato.

O suceso produdíase pasadas as 11 da mañá, cando os servizos de emerxencia recibían o aviso de que unha muller caera no interior da súa vivenda, ubicada no terceiro piso do edificio Nº 2 da praza José Otero e non podía moverse para abrir a porta. Ao parecer pecháraa por dentro polo que para poder acceder, os Bombeiros despregaban a escada para entrar pola ventá.

 

 

Ademais dos bombeiros acudían ao lugar a Policía Local do Barco, os GES Valdeorras e unha ambulancia do 061. Durante o operativo os axentes da Policía Local procedían a cortar a rúa Doutor Pérez Lista, no tramo entre os antigos Xulgados e a praza José Otero.

O suceso provocaba unha gran expectación dado que é unha zona moi céntrica xunto a un local de hostalaría. Neste momento, a muller foi trasladada pola ambulancia para recibir asisténcia sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button