EconomíaEconomíaÚltima hora

O Bar O Callejón de Viana celebrará o 7º aniversario o 22 de marzo con Dj Tariro, “festa flúor” e moitas sorpresas

Parece que foi onte e o Bar O Callejón cumpre sete anos en Viana do Bolo. E para celebralo ten preparada unha gran festa para o sábado 22 de marzo a partir das 20 horas.

 

 

Haberá maquillaxe, pinchos, mercadiño e moitas sorpresas. O apartado musical correrá a cargo de Dj Tariro que xa ten amenizado outras festas no local como o exitoso magosto do ano pasado. Comezará cunha sesión de tardeo con música dos 90’s e 2000 “pinchada a vinilo” e xa cara as 23:30 horas será o turno dos mellores temas do momento coa “festa flúor”.

 

Artigos relacionados

Back to top button