A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Barco organizará dous obradoiros de “Quérote+”, dentro dos programas elaborados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este organismo pon a disposición dos concellos de Galicia unha oferta formativa baixo a idea de “ofrecer aos mozos e mozas espazos onde adquirir coñecementos e ferramentas para desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactorio posible”. No caso do Barco, os obradoiros serán o 27 de decembro, e a inscrición realizarase na planta baixa da Consistorial, ou no teléfono 988320202, extensión 2161.
Un dos obradoiros leva por título “Pracer seguro, seguro pracer!” e vai dirixido a mozas e mozos de 14 a 18 anos e o outro é “Applícate na seducción” para a mocidade entre 18 e 30 anos.