DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle a fase de Ourense e Lugo da V liga galega escolar federada de atletismo

En Calabagueiros dábanse cita máis de 150 cativos dos club Adas Proinor do Barco, Atletismo Ourense e Franciscanos de Lugo

Nunha soleada mañá, as pistas de Calabagueiros acollían o 19 de novembro aos atletas de tres clubs galegos que participan na V liga galega escolar federada Abanca, para as categorías benxamín, alevín e infantil.

Este mesmo día celebrábanse as fases previas nas zonas provinciais de A Coruña e Pontevedra. O Barco acollía a convocatoria de Lugo e Ourense, con tres equipos que buscaron clasificación para a final: o Adas Proinor do Barco de Valdeorras (anfitrión do evento deportivo), Atletismo Ourense e Franciscanos de Lugo. A final, na que participará o primeiro equipo de cada unha das fases, así como as cinco mellores puntuacións do total dos equipos participantes por confronto directo nun encontro ficticio cas marcas das fases previas, será no Pazo dos Deportes de Riazor (A Coruña).

Ao longo da mañá do sábado sucedéronse as probas (salto de lonxitude e altura, lanzamento de peso e carreiras libres, con valados e mesmo relevos).

Máis información na vindeira edición en papel de O Sil Deportivo.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button