DeportesÚltima hora

O Barco acollerá este sábado un seminario de boxeo, k1, kickboxing e muaythai

Organizado polo Club Kick Boxing Valdeorras celebrarase de 11 a 13 horas no pavillón vello

 

Da man do Club Kick Boxing Valdeorras este sábado 26 de novembro celebrarase no Barco un seminario de deportes de contacto.

Impartido por dous campións de Europa, o berciano Diego Vázquez e o portugués Miguel Trindade, desenvolverase de 11 a 13 horas no pavillón vello contando coa asitencia de socios do club que adestran no Centro Deportivo Valsport e tamén de non socios.

“No cursiño tocaranse varias disciplinas como boxeo, K1, kick boxing e muaythai”, explica Juan J. Pardo, presidente do club, lembrando que tanto Miguel como Diego son dous grandes profesionais. “Diego tamén foi campión de Europa profesional e ten un gran currículo como adestrador, pasando polas súas mans campións de Europa e do mundo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button