EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA regala flores por San Valentín

Repartindo flores no Barco por San Valentín. /Foto: A.R.

 

Na xornada deste martes 14 de febreiro, día de San Valentín, a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) Obarcoaberto está a regalar flores aos clientes. Un total de 300 flores de Gerbera en horario comercial, de 10 a 13:30 horas e de 17 a 20:30 horas, entre os veciños tanto na rúa como dentro dos establecementos asociados.

Do total das flores, trinta delas teñen premio que consiste nun vale de desconto de 10€ que se poderá trocar nos establecementos asociados. Os barquenses que reciban as flores deberán comprobar na etiqueta suxeita ás mesmas se está premiada ou non. No caso de estalo, o dono da flor poderá cambiar a etiqueta pola súa vale na oficina do CCA O Barco (rúa España, 1).

Con esta campaña “queremos visibilizar a asociación e aos nosos asociados, ao mesmo tempo que dinamizamos o espazo comercial e de lecer celebrando cos nosos clientes a data máis romántica do calendario”, aseguran dende a asociación.

 

Flor de Gerbera./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button