Galerías de fotosÚltima hora

A ritmo de flamenco na Feira de Abril do Barco

Tres establecementos hostaleiros participan na iniciativa en colaboración co CCA O Barco

Por quinto ano consecutivo O Barco celebra a súa particular Feira de Abril, coa recreación do ambiente desta tradicional celebración andaluza, da man de tres establecementos hostaleiros (A Cova, Tapería Al Natural e Vinum) en colaboración co Centro Comercial Aberto O Barco.

A feira comezaba na tarde do venres 10 de abril con pinchos, bebidas e música típicas andaluzas nos locais, así como unha exhibición de danza a cargo da Acadamia Bayadère no Malecón. En torno ás oito e media da tarde e malia a chuvia que a piques estivo de estragar a actuación, as alumnas de Nuria Reguera poñían en práctica o aprendido en clase. As máis pequenas fixeron exercicios de ballet clásico e dous bailes de moderno, mentres que as maiores, coa profesora ao fronte bailaron flamenco.

A Feira continúa hoxe sábado 11 de abril pola tarde con máis música, comida, bebida e algunha que outra sorpresa.

Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button