ConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O Barco celebra unha multitudinaria XIV Carreira do Turrón

 

“É unha tarde de festa, de ilusión, de deporte e de emocións. Dende o Concello do Barco queremos agradece toda a participación, esta actividade sen a vosa presenza non tería sentido e queremos animarvos a que bailedes, saltades, sintades e desfrutedes o máximo desta tarde que temos preparada”. Con estas palabras da técnica de Deportes do Barco, Kissy Torres, abríanse a XIV Carreira do Turrón do Barco. Ademais, engadía que “pola situación sanitaria será necesario respectar unha serie de medidas sanitarias: levar máscara, intentar manter a distancia duns corredores a outros e tratar de manterse nos grupos de convivencia”.

 

 

Coa carreira dos máis pequenos, acompañados en moitos casos, polos seus pais e nais, iniciábase a XIV Carreira do Turrón, organizada pola Concellería de Deportes do Barco. Arredor das oito da tarde dábase a saída da primeira das súas probas dende a Fonte da Ra, no Paseo do Malecón.

 

 

Media hora despois, era a quenda dos maiores que saían dende a praza Andrés de Prada tras un novidoso sinal: un chupinazo. Despois seguían un percorrido (que podía ser de 1, 2 ou 3 voltas, a escoller) e que percorría o centro da vila barquense, por puntos como a avenida Conde Fenosa e o Paseo do Malecón.

 

 

Unhas 700 persoas, segundo o Concello do Barco, estaban inscritas nesta proba, que finalizaba cunha chocolatada e sorteos, e que estivo animada pola música do DJ Isra.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button