SanidadeÚltima hora

O Barco celebrará a súa 10ª Semana da Lactancia Materna do 2 ao 8 de outubro

Esta iniciativa, promovida pola Asociación De Nai a Nai, incluirá obradoiros infantís e xornadas formativas

 

Baixo o lema “Impulsemos a lactación materna. Apoiando e educando” celebrarase do 2 ao 8 de outubro a 10ª Semana da Lactancia Materna do Barco, que promove a Asociación De Nai a Nai coa colaboración do Concello do Barco. O progama encetarase cun taller infantil de manualidades, a cargo da responsable de crianza da asociación, Silvia Arias. Nel os máis pequenoe elaborarán un calendario semanal estilo Waldorf. Este taller será o domingo 2 de outubro, precisa inscrición e vai dirixido a nenos de todas as idades.

Despois, o luns 3, Maite Álvarez vai contar a súa experiencia como nai dun neno con alerxia á proteína do leite de vaca. “Esta enfermeira, contaranos como comezou a alerxia do seu fillo, como foi a súa evolución e en que punto está agora. Ademais, explicaranos o manexo desta alerxia en casa, precaucións, reintroducción do leite…. cando e por que”, explica a presidenta de De Nai a Nai, Lorena Prada.

Ademais, o mércores 5, Antía Fernández, enfermeira e asesora de lactación, abordará o tema da extracción e conservación do leite materno. “É algo que a priori parece sinxelo, pero que sempre xera dúbidas. Preguntas como por que os compoñentes do leite sepáranse no leite extraído?, se fai moita calor, podo deixar o leite o mesmo tempo a temperatura amiente?… Este tipo de cuestións quedarán resoltas tras esta exposición”, adiantan dende a organización.

Estas tres actividades son gratuítas e desenvolveranse no local da Asociación De Nai a Nai, situado na rúa Academia Dequidt, nº 6, 4º andar (edificio da Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button