En portadaÚltima horaVídeos

O Barco Centro Comercial Aberto viste de Samaín a vila

Ao longo deste sábado despregará un amplo e variado programa de actividades pensados principalmente para os máis pequenos

 

Cos obradoiros infantís na carpa instalada na praza do Concello e cunha xincana comercial por diversos establecementos da vila abríase o completo e variado programa de actividades do Samaín Obarcoaberto, que organiza o Centro Comercial Aberto neste sábado 29 de outubro.

A campaña está centrada na Praza do Concello, en horario de mañá e tarde co seguinte programa de actividades:

De 11:00 a 13:30 horas

Dous talleres infantís. O equipo de Artesanía Cousanosa guiará aos participantes en dous talleres creativos nos que se realizarán faroliños-morcego e guardachuches terroríficos. Máximo 24 prazas por taller. Talleres recomendados para nenos/as a partir de 5/6 anos.

Xincana comercial. Os participantes, nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, deberán buscar unha caveira escondida no Barco. Para atopala percorrerán oito establecementos comerciais onde se lles entregará unha pista. A primeira persoa en atopala regresará á Praza do Concello. Esta será premiada cun VALE DE 150€ para investir no comercio local. Photocall de Samaín.

 

 

De 17:30 a 19:00 horas

Xogos de Samaín*. Os máis pequenos gozarán de diferentes xogos guiados polos nosos monitores. Máximo 30 prazas.
Pintacaras, a cargo de Escola de Artes Dalí.
Photocall de Samaín.
Carriño de flocos de millo gratis.

A partir das 19:30 horas celebrarase o espectáculo de maxia Alquimia do Mago Teto.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button