ConcellosO BarcoÚltima horaVerín

O Barco contará cun punto móbil para facer test de antíxenos

Este sábado 31 de xullo o CribaBus estará estacionado na praza do Concello

Imaxe do material para o facer o test de antíxenos./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O pasado sábado, a Xunta habilitaba, en modo piloto, puntos móbiles para realización de tests de antíxenos nas sete Áreas Sanitarias e nas principais cidades galegas, entre elas a de Ourense. “Á vista do éxito da iniciativa (3.450 tests e 68 positivos detectados) e seguindo a estratexia de de incentivar a realización de probas, o modelo consolídase e estendese a máis servizos, para dar resposta as necesidades detectadas”, sinala o Sergas.

En consecuencia, a partir desta semana a Xunta habilitará nos 14 distritos sanitarios puntos para:

• Realizar tests de antíxenos.

• Resolver necesidades administrativas relacionadas coa COVID-19, como impresión de certificados de proba diagnóstica negativa, de vacinación ou ter superado a enfermidade; activación da “chave 365”, ou tramitación dunha alta rápida no sistema para persoas con residencia fora de Galicia.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, esta iniciativa ampliase desde este sábado, día 31 de xullo, aos distritos sanitarios de Verín e Valdeorras, polo que contaremos con tres puntos para acceder a realización dun test ou resolver estas necesidades documentais relacionadas coa Covid, en horario de mañá, de 12 a 14.00 horas e de tarde, de 16 a 20.00 nos seguintes puntos:

• OURENSE: No Espazo Xove (Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27)
• VERÍN: CribaBus estacionado naPlaza García Barbón
• O BARCO DE VALDEORRAS: CribaBus estacionado na plaza do Concello

Ao igual que na iniciativa piloto, para axilizar os trámites administrativos e de rexistro, abrirase esta tarde un formulario de inscrición no apartado de cribados, no que se poderá elixir o punto elixido e quenda horario.

Os puntos de Verín e O Barco estarán abertos con este horario tamén todos os sábados do mes de agosto e contarán cun equipo de persoal formado por dúas enfermeiras, unha TCAE e dúas administrativos.

Pola súa parte o Punto Fixo de Ourense (no Espazo Xove Ourense, antiga “Casa da Xuventude” na Rúa Celso Emilio Ferreiro, 7) tamén abrirá, de luns a sábado para dar resposta a estas necesidades administrativas, de 12 a 14 e de 16 a 20, e ademais todos os martes, xoves e sábados, no mesmo horario, tamén se realizarán test de cribado, tanto por medio de cita previa, por autoinscrición, dos que se facilitará certificado, e a demanda.

Artigos relacionados

Back to top button