Nos próximos días está previsto que abra as súas portas no Barco unha nova superficie comercial. Así o anunciaba no pleno o voceiro do grupo de goberno municipal, o concelleiro Aurentino Alonso, durante unha das súas intervencións.
Matizaba ademais que esta empresa creará 37 novos postos de traballo, dos cales 34 serán para persoas do Barco. “É algo positivo que se poña en marcha unha nova empresa”, aseguraba Alonso.