DeportesÚltima hora

O Barco de Valdeorras acollerá en decembro o Campionato Galego de Tiro con Arco

Participantes no XII Trofeo ArcoBarco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seis anos despois da XII edición do Trofeo ArcoBarco de Sala, a competición regresará ao Barco por todo o alto. Tal como veñen de informar dende o club barquense, na fin de semana do 16 e 17 de decembro celebrarase no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Tiro con Arco en todas as categorías.

Así se decidía na úlltima asemblea da Federación Galega de Tiro con Arco “onde se concedía ao Club ArcoBarco e ao Concello a súa organización”, asegura o vicepresidente do club, Martín Gómez.

Artigos relacionados

Back to top button