En portadaÚltima hora

O Barco de Valdeorras baixará ao nivel medio de restricións o vindeiro venres

Así o vén de decidir o comité clínico na reunión desta tarde, na que tamén decidía manter a Carballeda de Valdeorras en nivel máximo e a Petín en nivel alto

Panorámica do Barco./ Foto: A.R.

 

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo Covid-19, vén de acordar manter no nivel máximo de restricións aos concellos de Cualedro e Carballeda de Valdeorras, incorporando ademais ao de Vilanova de Arousa.

Así mesmo, o comité tamén determinou manter o nivel alto de restricións no concello de Petín, estando tamén neste nivel os concellos de Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco.

Ademais, as medidas do nivel medio rexerán nos termos municipais do Barco de Valdeorras (que baixa de nivel despois de estar varias semanas no alto), Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares. Neste nivel permítese o acceso á hostalaría no interior (30% de aforo) e en terrazas (50%).

No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 30 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button