Despois da misa celebrada ás 20h. neste Luns Santo na igrexa de Santa Rita do Barco, saía, por vez primeira a procesión do Santo Cristo da Paz, unha imaxe policromada e restaurada, que era portada a ombros dunha ducia de costaleiros.
Este acto constitúe unha das novidades desta Semana Santa no Barco. Ademais, durante o traxecto da procesión (que logo de saír da igrexa daba a volta á fonte da praza do Príncipe, seguía polas rúas España, Eloi Rodríguez Barrios e Valorca ata voltar á praza) soaba a música do grupo de Tambores da Parroquia de Viana do Bolo, que fan por primeira vez unha saída fóra do seu municipio.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.