ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

O Barco estrea páxina web de turismo: quedaenvaldeorras.com

Dispoñible en galego e en castelán, ten sido elaborada partindo das necesidades e demandas que o Servizo de Dinamización Turística do Barco foi recollendo

 

Intuitiva, cun xeito fácil de achegar os recursos turística e a oferta hostaleira do Barco, pero sen sobrecargada de información. Deste xeito describía o concelleiro de Turismo en funcións do Barco, Eladio Santos, a nova páxina web de turismo deste Concello, que vén de poñerse en funcionamento: quedaenvaldeorras.com . “É a primeira web de turismo feita dende un Concello en Valdeorras, neste caso polo do Barco”, destacaba Santos. Ademais explicaba a escolla desa denominación para a web. “Co ese queda pretendemos enviar unha dobre mensaxe. Por unha banda, que a sente permaneza na comarca e, por outra, que se de cita en Valdeorras”.

Esta páxina web, dispoñible en galego e en castelán, ten sido elaborada partindo das necesidades e demandas (tanto dos visitantes como das empresas relacionadas cos servizos de hostalaría, aloxamentos e turismo) que o Servizo de Dinamización Turística ía recollendo ao longo dun ano e medio de funcionamento. “É unha ferramenta construída durante meses, partindo dun estudo previo das necesidades que se detectaron e aposta por divulgar os nosos recursos turísticos e tamén da oferta de servizos e infraestruturas turísticas que temos”, explicaba o concelleiro de Turismo en funcións do Barco.

 

 

Así mesmo destacaba a súa constante actualización, incluíndo os diferentes eventos que se vaian celebrando. “Co web aseguramos un contacto directo e permanente, achegando toda a información necesarias para que un turista se achegue e poida desfrutar das diversas posibilidades do concello do Barco, se ben tamén hai contidos da comarca, con enlaces e información doutros puntos de Valdeorras que poden interesar ao turista”.

Os diversos folletos turísticos e outro tipo de información elaborada polo Concello do Barco poden descargarse da web en formato pdf. Esta páxina, xestionada dende o propio Concello, vén tamén a reforzar a presenza en redes sociais que xa ten o Concello, tanto en facebook como en Instagram.

Nesta presentación Eladio Santos, estaba acompañado polo alcalde en funcións do Barco, Alfredo García, e pola responsable do Servizo de Dinamización Turístico, Diana Ramos. Alfredo García agradecía o labor realizado polo edil á fronte do departamento de Turismo, lembrando que o vindeiro sábado “deixará o seu posto por unha decisión propia”. Resaltaba a súa contribución ao desenvolvemento turístico do municipio, indicando que esta nova web vén sendo “o colofón. Esta web era un obxectivo que nos plantexamos dende hai tempo”.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button