En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Barco honra ao Cristo dos Ferroviarios

A procesión o Mércores Santo marcaba o inicio dos días grandes da Semana Santa na vila

Rúas Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación, Eloi Rodríguez Barrios e de novo Eloi Mira. É o percorrido que na tarde-noite do Mércores Santo, 12 de abril, completaba a procesión Vía Crucis coa que O Barco de Valdeorres rinde culto cada ano ao Cristo dos Ferroviarios.

Levado por catro cofrades, o paso do Cristo pechaba a comitiva que ás 21 horas saída da igrexa de San Mauro, seguida por numerosos fegreses, parando para rezar en cada estación do Vía Crucis, con parada máis prolongada diante da Estación de Ferrocarril barquense.

Os actos da Semana Santa do Barco de Valdeorras, continúan mañá Xoves Santo, coas confesións dende as 9:30h. e a posterior penitencia comunitaria (11:30h.). Xa pola tarde, ás sete celebrarase na igrexa de Santa Rita a Misa na Cea do Señor co lavatorio de pés. E pola noite, trala procesión so Silencio coa imaxe de Xesús Nazareno (saída e regreso á igrexa de San Mauro), celebrarase a Hora Santa na igrexa de Santa Rita, diante do Monumento.

Máis información no Especial Semana Santa do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button