EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco modificará a ordenanza municipal de terrazas para non cobrar a súa taxa

Mesas e cadeiras recollidas dunha terraza dun establecemento de hostalaría barquense.

 

Neste ano o Concello do Barco non lle cobrará aos hostaleiros a taxa pola instalación de terrazas. Confirmábao o alcalde, Alfredo García, durante a sesión plenaria de maio, celebrada na tarde deste xoves 7 de maio e na que, entre o público, había empresarios dese sector. “Esta era unha das cuestións que nos plantexaba o sector da hostalaría”, aclaraba o rexedor.

Para darlle resposta a esa petición o Concello modificará a “Ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa” para non pasar o importe.

Ademais o alcalde anunciaba tamén no pleno que, co fin de garantir o distanciamento social, a partir do vindeiro 11 de maio haberá novidades na forma de colocar as terrazas. “Poderanse colocar o 50% das mesas concedidas o ano pasado. A idea manter a seguridade e tamén garantir o espazo para os peóns nos cruces das terrazas. Para iso, e de maneira excepcional mentres dure esta situación, se hai aparcamentos nese lado da beirarrúa, as terrazas colocáranse nos aparcamentos para que a beirarrúa quede libre de maneira que os viandantes poidan gardar a distancia de seguridade”.

 

Asistentes ao pleno, entre os que había empresarios do sector da hostalaría barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Outra imaxe do público que seguía a sesión plenaria./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button