ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco participa na campaña polo “Día mundial de toma de conciencia do abuso e malos tratos na vellez”

Publicidade

 

O Concello do Barco vén de adherirse á campaña de sensibilización da Confederación Estatal de Maiores Activos (CONFEMAC)  polo “Día mundial de toma de conciencia do abuso e malos tratos na vellez”, o 15 de xuño.

Con esta iniciativa quérese concienciar á cidadanía de que os malos tratos cara ás persoas maiores é unha realidade social oculta, porque non se fala diso, e ocultada polas propias persoas maiores, porque non é fácil alzar a voz cando a persoa que maltrata é a mesma que coida. “Detectar o abuso e malos tratos na vellez esixe moito esforzo e hase de abordar con delicadeza. Por iso é importante concienciar, sensibilizar e abrir os ollos, #ante condutas que se consideran normais e non o son, son malos tratos”, indican os promotores da iniciativa.

Teléfono gratuíto contra o abuso e maltrato na vellez: 900 65 65 66
Teléfono contra a soidade non desexada nas persoas maiores: 954 27 56 40

Artigos relacionados

Back to top button