ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco presenta a súa programación cultural para o verán

 

As actividades culturais previstas no Barco entre os meses de xullo e setembro presentábanse esta mañá en rolda de prensa, por parte da concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, xunto ao alcalde do Barco, Alfredo García, e ao representante do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez.

Entre as propostas figuran o xa habitual ciclo De Perto, con música, narración oral e teatro. Desta volta, como xa sucedera hai uns anos entre os escenarios figuran de novos igrexas, coa novidade de que nesta ocasión serán as de Éntoma e Vilanova. O programa este mesmo luns pola tarde co Ensemble de Saxofóns ás 20:30h. na igrexa de Éntoma. “Este ciclo busca levar a cultura a outros espazos diferentes ao onde se desenvolve normalmente, serán 4 ubicacións, aínda que na maioría dos casos será nos Xardíns da Casa Grande”, dicía a concelleira.

Tamén se inclúen o SilFest, o Terrasón, o cine, mostras de produtos tradicionais e a feira medieval de Tremiñá e unha macroludoteca. “É un programa completísimo e con actividades para todo tipo de públicos”, resaltaba o alcalde do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button