Dous meses despois de que a parte superior do antigo cruceiro situado entre as rúas barquenses Eulogio Fernández, Estación e Conde Fenosa aperecese destrozado, este elemento patrimonial pode verse de novo completo.
O Concello do Barco encargáballe a un canteiro a reposición da parte da estrutura que foi danada, coas figuras da Virxe e de Xesús crucificado. Está catalogado como patrimonio cultural dentro do catálogo do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Barco e a súa autoría atribúeselle a Antón Faílde.
Fotos: A.R.