
Seguindo a decisión adoptada neste xoves polo Consello da Xunta de Galicia de peche de centros escolares, museos, bibliotecas e arquivos, o Concello do Barco vén de anunciar que a gardería municipal do Barco, o
Conservatorio e Escola de Música e a Biblioteca Municipal “permanecerán pechados a partir do luns, seguindo a decisión adoptada hoxe polo Consello da Xunta de Galicia”.
Ademais, “e en cumprimento das medidas tomadas pola Xunta no ámbito deportivo, suspéndense as escolas deportivas municipais, e o deporte base nas que hai inscritas da orden de 1.500 persoas. Tamén se suspenden
os eventos deportivos de todo tipo, e os clubs poderán usar as instalacións municipais nos seus horarios correspondentes, exclusivamente para xestionar os adestramentos dos equipos en competición”.

O Concello barquense decidía asemade “suspender as actividades xa previstas para esta fin de semana, como a charla sobre enfermidades raras e a andaina solidaria prevista para o domingo”. E tamén, no relativo á programación cultural, “queda tamén suspendida toda actividade no Teatro Lauro Olmo a partir de mañá, venres (teatro, cine, etc.)”, segundo o Concello.