Despois de dúas edicións virtuais, por mor da pandemia, a tradicional Festa dos Maios regresará á rúa no Barco o vindeiro primeiro de maio. Esta mañá a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, daba a presentar o seu programa que recupera o formato habitual da celebración: cos concursos de Maios, coplas e ramos, coa feira de artesanía e con actuacións musicais e infantís. O seu escenario será a Praza Príncipe de Asturias.
“Por fin, logo de dous anos de parón, os anos volven outra vez ás rúas. Este ano, a petición de todos os participantes, das asociacións, das Anpas e doutras entidades que participan nesta festa, se decidiu facelos presencialmente, así como recuperar a feira de produtos artesanais que organiza O Barco CCA en colaboración co Concello. Tamén teremos música e baile e actividades para o público infantil e familiar”, adiantaba a concelleira de Cultura do Barco.
O concurso dos Maios incluirá, como viña sendo habitual, as modalidades de Maios enxebres e artísticos (con tres premios en cada unha delas delas e dous accesits), así como o concurso de coplas (con dous premios e dous accésits). En total, repartiranse 2.000 euros en premios, concretaba Margarida Pizcueta.
As bases do concurso poden consultarse aquí