Na xornada do sábado 8 de marzo celebrábase o Campionato Galego de Orientación a Pé de Distancia Media, segunda proba valedeira para a XXXIV Liga Galega 2025, no Campamento Militar de Tiro de Parga en Lugo, con tres excelentes resultados para os orientadores ourensáns. Martín Morales Ferreiro (AD Limiactiva) era 3º en M Sénior; Lucas Barja Pérez (AD Limiactiva) proclamábase subcampión en M16; e Brais Rodríguez Cruz, Club Our-O subcampión en M14.
Dende a delegación ourensá da FGO destacan asemade a actuación do limián Martín Morales, amosando “un excelente estado de forma de cara ao Mundial de Veteranos que terá lugar en agosto na provincia de Girona e ao que se espera que acudan máis de 4.000 orientadores duns 40 países”.



