DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O barquense Jorge Paradelo, 3º nas carreiras do mundial de enduro en Portugal

Subíase ao podio en Open 2s nas dúas probas celebradas a pasada fin de semana en Valpaços

Ata en dúas ocasións se subía a un podio mundial na pasada fin de semana o piloto barquense Jorge Paradelo, que compite co equipo Núñez Motor de Lugo. Así acudía do 3 ao 5 de maio ao FIM Enduro World Champioship, que se desenvolvía en Valpaços (Portugal).

Paradelo competía cunha Gas Gas na categoría Open 2 tempos conseguindo unha terceira posición o 3 de maio, cun tempo total de 1:04:04.90. Os dous primeiros postos quedaban en mans de pilotos portugueses. Así impoñíase Gonçalo Reis, seguido de João Lourenço.

Xa o 5 de maio, na segunda competición desta proba mundial, Paradelo quedaba novamente terceiro, cun podio idéntico ao da primeira xornada en Valpaços.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button