DeportesÚltima hora

O barquense Leo Pérez participará na segunda cita do campionato social de inverno de karting Cabañas

Este piloto tomará a saída na categoría alevín o 19 de xaneiro e estreará un Kart Republic

O xove piloto Leo Pérez Pereira, xunto ao seu casco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na mañá do vindeiro domingo 19 de xaneiro o barquense Leo Pérez Pereira volverá a competición. Ten previsto partipar na segunda proba do campionato social de inverno de karting Cabañas Raras, no Bierzo. Tomará a saída dentro da categoría alevín e ademais farao con especial ilusión xa que estreará kart, en concreto un Kart Republic.

Coma en anteriores ocasións, irá a polo podio. E ten posibilidades. De feito na primeira cita desta competición, o pasado outono, quedaba terceiro.

Nesta competición, con diversas categorías, teñen previsto participar máis de 80 pilotos de diferentes puntos de España e tamén de Portugal.

 

Kart Republic co que Leo Pérez competirá en Cabañas Raras./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button