AletismoDeportesÚltima hora

O andarín de Arcos, Carlos López Gudiña, completa a XXV Media Maratón de León

 

O atleta valdeorrés Carlos López Gudiña (Andarines Arcos) segue sumando quilómetros na categoría de veteranos, desta volta en terras leonesas.

Na xornada deste domingo 23 de marzo participaba na Media Maratón de León que contaba con 1.600 inscritos. O vilamartinés remataba no posto 1.050 da xeral e 38 de veteranos +60, completando os 21 quilómetros nun tempo oficial de 1:53:50 e pensando xa na seguinte cita, a Vigo-Bayona, tamén media maratón, que se celebrará o 6 de abril.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button