CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O barquense Telmo Fernándes, entre os ponentes na mesa da historia das Xornadas Florenciófilas

 

Trala primeira sesión celebrada na Rúa en torno ao apartado literario, era a historia a que a que centraba a segunda sesión das Xornadas Florenciófilas celebrada no mediodía deste sábado 19 de novembro na Casa da Cultura (Teleclub) de Petín.

A alcaldesa, Raquel Bautista, era a encargada de dar a benvida aos asistentes, entre eles o presidente da RAG, Víctor Freixanes, así como aos ponentes, tendo unhas especiais palabras de agradecemento a Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, organizador das xornadas, “polo seu traballo porque chegar ata aquí implica moitas horas de traballo e grazas a ela este proxecto saíu adiante”.

 

 

E xa na mesa da historia, moderada por Cristina de la Torre, tomaba a palabra Telmo Fernándes Gonçalves nantural do Barco, que fixo o seu traballo de fin de carreira. Nesta mesa, a súa primeira participación nun simposio, falou sobre o papel de Florencio en Francia na evacuación de exiliados así como a súa relación con Rodolfo Prada. Xunto a el participaron no acto Aurora Marco, catedrática de didáctica da lingua e investigadora que falou sobre “as mulleres a represión e a guerrilla en Valdeorras” e Camilo Valdehorras, un dos autores que respaldou a proposta do Ano de Florencio e que falou en Petín sobre “Nós e Florencio, da nova Galicia á Galiza soñada”.

Este simposio, organizado co apoio da Xunta, a Real Academia Galega, a Deputación de Ourense, o Consello da Cultura Galega, o Instituto de Estudos Valdeorreses e varios concellos da comarca de Valdeorras que pon o broche ao Ano de Florencio, continúa pola tarde, ás 19 horas a Casa do Río Cigüeño, no Barco de Valdeorras, acollerá a mesa da lingua na que Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Concepción Álvarez, doutora en Filoloxía Galega, e Francisco Cobo, investigador barquense, analizarán a obra do escritor do Córgomo.

 

Telmo Rodrígues Gonçalves.

 

As xornadas concluirán na mañá do domingo día 20 de novembro ás 12 horas coa mesa das artes que acollerá o centro de interpretación do parque natural Serra da Enciña da Lastra, en Biobra (Rubiá). Para esta última charla, a actriz Raquel Queizás, o produtor Domingo D. Docampo e o músico Ramiro Núñez falarán das distintas adaptacións da vida e obra de Florencio a diferentes soportes e formatos como o teatro, o audiovisual ou a música.

Ao rematar cada unha das mesas, os asistentes poderán gozar dunha degustación dos produtos gastronómicos máis representativos da comarca de Valdeorras. No caso da mesa desta mañá en Petín, os asistentes degustaron viños e empanada de freba, entre outros petiscos, na Adega do Manolo.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button