ConcellosEn portadaO BarcoÚltima horaVídeos

O Belén de Éntoma (O Barco) feito en lousa por Raúl Díaz, abre as portas nas Antigas Escolas

O horario de visitas é de luns a venres de 17 a 20h; e sábados, domingo e festivos de 12 a 20h. ata o 8 de xaneiro

 

Da combinación de dúas das súas paixóns, o seu pobo, Éntoma, e a lousa; nace o belén que dende hai uns seis ano, Raúl Díaz coloca durante o Nadal, nas Antigas Escolas da vila.

 

 

Unha das peculiaridades deste singular belén elaborado en lousa é que está distribuído por módulos, cunha escea representada en cada un, pero todas representativas desta localidade barquense e da comarca de Valdeorras. Está a canteira, o Nacemento, as pequenas médulas, a Igrexa, a vila coa capela da Virxe de Galir, a fonte dos desexos, o muíño vello…

 

 

Tampouco faltan a pista polideportiva, as pontes, a vía do tren, os dous ríos que atravesan o municipio, o Galir e o Sil; as Igrexa de San Xoán e a capela da Virxe de Galir; as casas máis significativas,… Non falta o muro de Albar, tampouco a ponte sobre o Galir e os castiñeiros da zona sombría; os viñedos e a adega de Roandi, o Camiño de Inverno coa ponte e os peregrinos, e incluso un grán rótulo feito en pedra que pon en letras moi grandes, Éntoma.

 

 

Ademais, dende hai un par de anos hai  na entrada un mural con fichas de lousa para que os visitantes deixen a súa mensaxe de Nadal.

 

 

Non lle falta detalle e o horario de visitas é de luns a venres de 17 a 20h; e sábados, domingo e festivos de 12 a 20h. ata o 8 de xaneiro.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button