ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

O belén de lousa de Éntoma (O Barco) incorpora un módulo sobre o Camiño de Inverno

 

O seu pobo, a lousa e o viño, son os tres piares sobre os que se asenta o belén feito por Raúl Díaz, natural de Éntoma (O Barco de Valdeorras) e gran profesional da lousa, que cada Nadal pode visitarse nun dos locais as Antigas Escolas desta localidade. Nesta ocasión estará aberto ata pasada as festas, en torno ao 10 de xaneiro de 2023 en horario de tarde de 17 a 20 horas aproximadamente e os sábados, domingos e festivos xa a partir das 12 horas.

Á parte do feito de que está elaborado en lousa, cun arduo e minucioso traballo de artesanía, outra das peculiaridades deste singular belén é que está distribuído por módulos, cunha escea representada en cada un, a maioría representativas desta localidade barquense e da comarca de Valdeorras.

 

 

Está a canteira, o Nacemento, as pequenas médulas, a Igrexa, a vila coa capela da Virxe de Galir, a fonte dos desexos, o río e mesmo unha Casas Grande, entre outros aos que este ano engadiu un sobre o Camiño de Inverno coa ponte e os peregrinos, o río ou a igrexa.

Outra das novidades é un mural con fichas de lousa para que os visitantes deixen a súa mensaxe de Nadal, e a exposición de fotos antigas “aproveitando que a asociación de montes de Éntoma pintou a sala coa colaboración do Concello”, explica Raúl.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button