ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

O belén de lousa de Éntoma (O Barco) poderá visitarse durante todo o Nadal nas Antigas Escolas

O nacemento, obra de Raúl Díaz, era inaugurado na tarde deste sábado 18 de decembro

 

A lousa, o seu pobo e agora tamén o viño. Son os tres piares sobre os que se asenta o belén feito por Raúl Díaz, natural de Éntoma e gran profesional da lousa, que dende hoxe e durante todo o Nadal poderá visitarse nun dos locais as Antigas Escolas desta localidade barquense.

Á parte do feito de que está integramente elaborado en lousa, cun arduo e minucioso traballo de artesanía no que Raúl pon as mans e tamén a alma e o corazón, unha das peculiaridades deste singular belén é que está distribuído por módulos, cunha escea representada en cada un, a maioria representativas desta localidade barquense e da comarca de Valdeorras. Está a canteira, o Nacemento, as pequenas médulas, a Igrexa, a vila coa capela da Virxe de Galir, a fonte dos desexos, o río e unha Casas Grande.

 

Raúl Díaz cunha das pezas do belén.

 

Este ano o Nacemento está ubicado no módulo da horta e se hai dous anos (o ano pasado por mor da pandemia non se abríu ao público) engadía un módulo que representa a Éntoma con todo luxo de detalles (dende a pista polideportiva, as pontes, a vía do tren, os dous ríos que atravesan o municipio, o Galir e o Sil; as Igrexa de San Xoan e a capela da Virxe de Galir; as casas máis significativas,…) este ano engadía outros módulos como o das romarías no que aparece a pulpeira, a procesión, o baile e mesmo o que tira o foguete. Non falta o muro de Albar, tampouco a ponte sobre o Galir e os castiñeiros da zona sombría.

 

Éntoma centra boa parte do nacemento.

 

Ademais este ano cobra protagonismo o viño, con varios elementos representativos e a xoia da coroa: o castelo de Arnado, agora de Roandi. “Eu divírtome facendo todas as pezas polo que non hai ningunha que me guste máis pero o castelo é unha das pezas máis novas e quizais a máis chamativa”, aseguraba o propio Raúl na inauguración que facían do belén na tarde deste sábado 18 de decembro, brindando cun godello de Roandi.

Quen aínda non coñeza esta especial e detallista obra poderá facelo durante todas as festas. O horario de visitas é de luns a venres de 17 a 20h; e sábados e festivos de 12 a 20h. 

Fotos e vídeo: Monica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button