DeportesÚltima hora

O bike park da Estación de Manzaneda despide a tempada cunha festa

Será o sábado 12 de outubro e inclúe música, un concurso de saltos e sorteos

 

 

O vindeiro sábado 12 de outubro o bike park da Estación de Manzaneda celebrará por todo o alto o peche de tempada. Tal como explican dende a estación de montaña, “a intención é agradecer a todos os clientes que desfrutaron do bike park esta tempada, cunha festa na que se lles entregarán agasallos a todos eles”.

Desde a taquilla, no momento de mercar o pase, xa recibirán un agasallo e ao final do día haberá sorteos con todos os artigos que aportaron as tendas, marcas, establecementos da comarca… Haberá música durante todo o día e a partir das seis da tarde realizarase un concurso de saltos na base do telesilla Manzaneda, con premios para todos os participantes. Tamén se agasallará aos clientes con pinchos coas consumicións.

Artigos relacionados

Back to top button