CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O bispo de Astorga visita o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa no Día de Rosalía de Castro

Monseñor Jesús Fernández asiste á actividade "Caldo de Gloria"

 

Con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro, neste 23 de febreiro o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa levaba a cabo a actividade “Caldo de Gloria”, unha iniciativa da Fundación Rosalía de Castro inspirada no poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

 

 

O colexio rues súmase a esta iniciativa de Escolas Católicas contando coa presenza do bispo de Astorga, Monseñor Jesús Fernández González, durante a degustación do caldo servizo en cuncas de barro sobre salvamanteis co poema de Rosalía.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button