PolíticaÚltima hora

O BNG agarda, tras a renuncia de Baltar, que a “Deputación de Ourense teña un verdadeiro cambio”

Bernardo Varela, voceiro do BNG en Ourense, sinala que "é o momento de mudar o funcionamento da mesma e eso pasa por darlle un tempo ao PP fóra do goberno provincial”

 

O voceiro do grupo provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, afirma que desde o grupo do BNG na Deputación provincial, “entendemos que a renuncia do actual presidente provincial á reelección era a crónica dun feito anunciado. O PP do Sr. Feijóo non podía seguir soportando o bochorno de sustentar os usos indebidos de vehículos públicos, os xuízos por presuntos delitos ó volante e os audios de actuacións presuntamente delitivas”.

Varela tamén manifesta que, “con todo, o que agardamos é que isto non sexa un simple cambio de cromos onde todo muda para continuar exactamente igual, cun sistema caciquil que vén abafando a esta provincia dende fai máis de 30 anos, cunha caída de máis de 30 mil habitantes e a perda de competitividade e oportunidades para Ourense”.

O BNG agarda que a Deputación Provincial de Ourense teña “un verdadeiro cambio que axude á mellora da calidade de vida dos veciños deste territorio, pois o anuncio de renuncia de Baltar só implica que o Baltarismo continúa manexando o PP e evidenciando a imposiblidade práctica de refundar o Partido Popular”.

Varela conclúe sinalando qeu “confiamos en que, tal como manifestamos na Deputación, é o momento de mudar o funcionamento da mesma e eso pasa por darlle un tempo ao PP fóra do goberno provincial”.

Artigos relacionados

Back to top button