PolíticaÚltima hora

O BNG dá a coñecer a súa candidatura completa ás eleccións municipais na cidade de Ourense

 

O BNG segue dando pasos de cara as eleccións municipais previstas para o próximo 28 de maio. Se en setembro presentaba ao cabeza de lista, Luis Seara, e en febreiro ao primeiro tramo da candidatura, este mércores completaban o resto de postos até chegar os 27 titulares mais 10 suplentes.

Os nomes que restaban por coñecer fixéronse públicos na Asemblea Local celebrada o 12 de abril e onde a militancia, por asentimento, ratificaba unha candidatura que o candidato Luís Seara cualifica como “unha lista gañadora, integrada por persoas que representan perfectamente a realidade social de Ourense”, e engade, “é un privilexio encabezar unha lista con persoas con ilusión, con amor por Ourense, que dan un paso adiante e deciden comprometerse nun proceso transformador que mellore a calidade de vida das persoas, un grupo plural, aberto e cohesionado, que responde ás necesidades de Ourense e é garantía de futuro”.

A lista do BNG ao Concello de Ourense conta cunha ampla representación dos diferentes barrios da cidade e zonas do perímetro rural. Formada por persoas con experiencia na xestión tanto no ámbito público como privado e pertencentes a sectores tan diversos como o administrativo, o cultural, o social, o deportivo, o educativo ou o asociativo.

Ao tempo, a lista, incorpora a persoas que en anteriores procesos electorais concorreron noutras candidaturas pero que desta volta decidiron apostar polo BNG e por formar parte do equipo liderado por Luís Seara, quen asegura que “integramos a persoas que no pasado foron referenciais a nivel político porque estamos convencidos que coa súa incorporación mandamos a mensaxe a ese electorado que ficou orfo, máis tamén ao resto da sociedade. O BNG é a casa común do nacionalismo e ten as portas abertas a todas aquelas persoas que poñen por diante os intereses de Galiza e de Ourense”.

En definitiva, e tal e como asegura Luís Seara, “un gran equipo co que aspiramos a liderar ese goberno. Desde a humildade, pero con toda a ambición, porque temos un proxecto de futuro, capaz de abrir un tempo novo para Ourense”.

Candidatura completa do BNG ao Concello de Ourense

1. XOSÉ LUÍS SEARA FERNÁNDEZ
Portavoz municipal do BNG no Concello de Ourense. Veciño do Xardín do Posío.
2. RHUT MARINA REZA ÁLVAREZ
Concelleira do BNG no Concello de Ourense. Veciña da zona histórica.
3. XOSÉ MANUEL PUGA GONZÁLEZ
Xestor de fondos europeos. Veciño da Carballeira.
4. EREA BLANCO GALLEGO
Galiza Nova. Filóloga. Veciña da Ponte.
5. XOSÉ DIZ ROMAY
Funcionario. Veciño de Mariñamansa.
6. SONIA ALBOR GÓMEZ
Traballadora do Concello de Ourense. Activista social. Veciña de Vistafermosa.
7. XOSÉ CARBALLIDO PRESAS
Enxeñeiro técnico da Xunta. Pte. Asoc. Veciñas San Breixo. Veciño de Seixalbo.
8. NATE PAZOS BORRAJO
Poeta e ensinante. Veciña do Polvorín.
9. DIEGO CARLOS VÁZQUEZ NOGUEIRA “CIGALA”
Músico. Educador social. Veciño de As Lagoas.
10. LIDIA GÓMEZ CARDERO
Ensinante. Veciña de Barrocás.
11. XABIER FERNÁNDEZ DAVILA
Traballador da banca. Veciño da Zona Centro.
12. CHELO LÓPEZ CARIDE
Traballadora da ORA. Vicepresidenta da U.D. Ourense. Veciña de Rabo de Galo.
13. ANXO VARELA PÉREZ “PRUDEN”
Artista. Tatuador. Veciño do Couto.
14. VENECIA GUZMÁN CASTILLO
Autónoma. Veciña da Avda de Zamora.
15. MARCOS FERRADAS GARCÍA
Traballador do servizo do transporte urbano. Veciño do Couto.
16. IRIA ALDOMAR DOSOUTO
Ensinante. Veciña do Vinteún.
17. HADRIÁN ALONSO ÁLVAREZ
Estudante. Veciño de San Francisco.
18. XELA FERNÁNDEZ VELOSO
Plataforma xubiladas da CIG. Veciña da Avda de Zamora.
19. MANUEL CARNICERO MÉNDEZ AGUIRRE, “QUENI”
Avogado. Mesa pola Normalización Lingüística. Veciño da zona histórica.
20. MONTSE NÓVOA GÓMEZ
Activista social. Veciña de Seixalbo.
21. XOSÉ FERNÁNDEZ BALTAR
Politólogo. Veciño de Palmés.
22. OLAIA CONDE SEOANE
Educadora Social. Veciña de Rairo.
23. JUAN CARLOS SABUZ ÁLVAREZ
Mestre. Veciño da Carballeira.
24. ILDA BLANCO GONZÁLEZ
Ensinante. Veciña de As Lagoas.
25. DAVID RODRÍGUEZ ÁLVAREZ
Funcionario Admon. Xeral. Delegado sindical da CIG. Veciño da zona Centro.
26. MARTIÑO XOSÉ VÁZQUEZ MATO
Arqueólogo. Veciño de Cudeiro.
27. NOA PRESAS BERGANTIÑOS
Ensinante e Deputada no Parlamento de Galiza. Veciña da zona histórica.

Artigos relacionados

Back to top button