PolíticaÚltima hora

O BNG da Rúa critica a convocatoria de Plenos e Comisións en horario laboral, por parte do equipo de Goberno

O alcalde popular convocaba un Peno extraordinario urxente para as 11h. deste martes 18 de febreiro

A voceira do grupo municipal do BNG na Rúa, María G. Albert. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Para as 11 horas deste martes 18 de febreiro estaba convocado un Pleno extraordinario urxente polo grupo de goberno do Concello da Rúa para a “aprobación urxente da Conta Xeral 2018 e conseguinte remisión ao Consello de Contas a fin de non perder máis subvencións nos vindeiros días”. Unha sesión á que non acudía o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego, por entender “que esta convocatoria só veu a sumarse a un xeito constante de facer do grupo de goberno liderado polo PP que pretende imposibilitar, na medida do posíbel, toda fiscalización da labor de goberno por parte dos grupos da oposición”, tal como explican a través dun comunicado.

No texto, os nacionalistas critican a “constante convocatoria de sesións reguladas en horario laboral a pesares das queixas continuadas dos grupos da oposición que supón, para os representantes do BNG, unha mordaza constante para o acceso á información municipal por parte dos grupos”, puntualizando que “o PP e o RUA veñen convocando Comisións Informativas en horario de mañá a pesares das reiteradas comunicacións do resto de grupos da súa imposibilidade para acudir nesa franxa horaria o que supón, na práctica, un desprezo á metade da cidadanía da Rúa que está representada na corporación por BNG e PSOE”.

 

Artigos relacionados

Back to top button