PolíticaÚltima hora

O BNG de Quiroga di que se suprimiron paradas de bus no servizo O Barco-Ourense ao paso por este municipio

Neste senso vén de presentar un escrito no Servizo de Mobilidade de Ourense para dar traslado das queixas veciñais e pedir que se recuperen esas paradas

Casas de Montefurado (Quiroga)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o BNG de Quiroga vén de informarse de que hai queixas veciñais en relación á supresión de paradas de autobús no servizo que “fai o percorrido O Barco-Ourense, concretamente no tramo que transcorre polo Concello de Quiroga”.

Dende este grupo político tamén se indica que, “tras consultar servizos e horarios do traxecto en autobús O Barco-Ourense coa empresa adxudicataria comprobamos que efectivamente hai 3 servizos de ida e outros 3 de volta, tendo informadas tamén ao público todas as paradas. No caso do tramo que transcorre polos límites do Concello de Quiroga só constan 5 paradas (San Martiño-Alvaredos, Bendollo, Quiroga, Augasmestas, Conceado), sendo unha delas a da capitalidade, Quiroga. Tendo en conta o anterior entendemos que hai paradas que se suprimiron que potencialmente dan cobertura a moitos núcleos rurais aos que deberían garantir un servizo. E neste caso, nin constan como paradas oficiais nin tan sequera constan como “parada baixo demanda”. Falamos dos casos das paradas de Montefurado, Bendilló, Paradaseca-Sequeiros, Os Novais, O Nocedo ou Freixeiro”.

Neste senso o BNG de Quiroga vén de dirixir un escrito ao Servizo de Mobilidade de Ourense para darlle traslado “da situación que xerou queixas dalgúns veciños e veciñas” e tamén para que “se proceda, en canto sexa posible, a incluír estas paradas no servizo de autobús que fai o traxecto O Barco-Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button