Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

O BNG de Quiroga presenta a súa candidatura ás vindeiras eleccións locais

 

 

O BNG de Quiroga vén de presentar a súa candidatura ás vindeiras eleccións municipais di que a concorre a elas “con máis ilusión que nunca, tras renovar a lista con xente nova”. Respecto da candidatura do 2019, seis son as caras novas que entran na lista do BNG para as municipais do 28 de maio: Anais González, Rubén Figueroa, Yolanda López, José Adrián González, Francisco Javier Carbón e Zeltia Mateo.

“Xente nova, formada, traballadora e comprometida con Quiroga para afrontar un novo tempo”, din os nacionalistas. Repite como aspirante á alcaldía  o concelleiro Xosé Manuel Fernández, concelleiro. A nova candidatura do BNG quirogués “mantén e reforza a coherencia cos seus principios e seguirá demostrando con traballo o seu compromiso con Quiroga e a súa veciñanza”, aseguran.

 

 

O primeiro acto de campaña que anuncia a formación nacionalista será o 12 de maio na Casa da Cultura de Quiroga ás 20:30 h. Presentarase publicamente ao candidato á alcaldía, ao resto da candidatura e farase avance do programa electoral. Contarán coa presenza de Ana Miranda, deputada do BNG no Parlamento Europeo, onde forma parte do grupo parlamentario Alianza Libre Europea-Los Verdes, e de Carmen Aira, deputada por Lugo do BNG no Parlamento Galego.

CANDIDATURA DO BNG EN QUIROGA

1-Xosé Manuel Fernández Montes (Licenciado en Dereito, Especialista en Propiedade Intelectual e Representante de Artistas. Presidente da Asociación Boca do Monte)
2-Anais González Álvarez (Mestre de Educación Infantil)
3-Álvaro Rodríguez González (Autónomo dedicado á viticultura)
4-Yolanda Montenegro López (Delineante e Técnica en Prevención de Riscos Laborais. Traballa nun estudio de Enxeñería)
5-Rubén Figueroa López (Pensionista, agricultor e apicultor)
6-Manuel Álvarez Fernández (Mestre de matemáticas xubilado. Foi Director do IES de Quiroga)
7-Yolanda López López (Traballadora en empresa de automoción e sindicalista)
8-José Adrián González Álvarez (Autónomo no eido dos traballos forestais)
9-Francisco Javier Carbón López (Administrativo e responsable de calidade nunha canteira)
10-Iria Rodríguez Macía (Filóloga pola USC e autónoma no eido da hostalería)
11-María Carmen Santos Rivera (Estudou Química e traballa na casa)

SUPLENTES
1-Xosé Estévez Rodríguez (Historiador e mestre xubilado de Universidade)
2-Zeltia Mateo Álvarez (Peiteadora, esteticista e maquilladora autónoma)
3-Xesús López Rodríguez (Soldador xubilado)

Artigos relacionados

Back to top button