Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Bolo acollerá a finais de febreiro o 2º Trofeo de Orientación a Pé e MTB

Dúas semanas antes, o sábado 10 de febreiro, haberá un cursiño de iniciación ás carreiras de orientación no pavillón da Rúa

1º Trofeo do Bolo de Orientación en 2021./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Na fin de semana do 24 e 25 de febreiro a localidade de O Bolo acollerá o 2º Trofeo de Orientación, a pé e en bicicleta de montaña (o primeiro tiña lugar no 2021), organizado polo Club Peña Trevinca Barco en colaboración co Concello.

Na xornada do sábado 24 de febreiro disputarase a segunda proba da Liga Galega de Orientación a Pé 2024 con percorridos oficiais e de iniciación. Ao día seguinte será a quenda para a primeira proba da Liga Galega de MTB-O 2024.

 

 

As inscricións para ambas probas estarán abertas ata o 18 de febreiro en www.fegado.es.

E dúas semanas antes das probas no Bolo, o vindeiro sábado día 10 de febreiro, celebrarase na Rúa  un cursillo de iniciación ás carreiras de orientación. Será a partir das 10:30 horas no pavillón municipal e as inscricións poden facerse ata o xoves 8 de febreiro ás 21 horas en www.clubtrevincabarco.org.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button