Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Bolo acollerá esta fin de semana dúas probas da liga galega de orientación, O-Pé e MTB-O

Participantes na carreira do ano pasado./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dobre cita coa orientación nesta fin de semana nos arredores da localidade valdeorresa do Bolo, organizada polo Club Our-O e o Concello.

Na xornada do sábado 22 de marzo disputarase a 3ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé 2025 con percorridos oficiais e de iniciación. A secretaría, instalada no CEIP O Bolo, abrirá ás 9:30 horas a unha hora despois, a uns 700 metros, sairán os primeiros corredores da proba que se desenvolverá no mapa O Serro-A Mourela.

Na lista de inscritos figuran preto de 200 orientadores dunha vintena de clubs galegos.

 

 

Ao día seguinte, domingo 23 de marzo, será a quenda para a 1ª proba da Liga Galega de MTB-O 2025. A carreira será na modalidade de Score. Ás 10 horas habrirase a secretaría e ás 11 horas será a saída en masa dos primeiros corredores por categorías. Ás 14 horas entregaranse os premios ás categorías menores e sorteos; e a continuación os premios da liga galega de MTB-O 2024.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button