O alcade reuniuse coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a delegada da Xunta en Ourense
O alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, reuniuse coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, para asinar un convenio de colaboración para o acondicionamento da estrada entre Cambela e O Vao.
Terá un investimento de 48 000 euros, e as obras levaranse a cabo no tramo da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+5000, o que se traduce nunha lonxitude de 1 500 metros. Así, os traballos consistirán na limpeza de gabias, na regularización do firme e na colocación de sinalización horizontal que delimite a estrada e aumente a seguridade viaria.