A RúaConcellosO BoloÚltima hora

O Bolo e o medievo, último paseo histórico-cultural do ano organizado pola Oficina de Turismo Valdeorras da Rúa

 

Varias pola Rúa (pola zona de viñedo da Veiguiña a carón do río, polas zona das Pinguelas, polo Camiño de Inverno,…) por Rubiá, polo Bolo,… A Oficina de Turismo Valdeorras da Rúa abría as portas alá polo mes de setembro co obxectivo de dar a coñecer os segredos da vila ruesa, pero tamén doutros puntos da comarca e estáo conseguindo.

De feito, neste tempo levan organizadas seis rutas/ paseos cun marcadao carácter cultural, no que foron mesturando a historia coa paisaxe e o viño. A última deste ano 2021, tiña lugar na mañá deste domingo 12 de decembro, coa asistencia de 20 persoas que se achegaron ata O Bolo para coñecer de primeira man a zona vella da vila e especialmente a súa torre medieval, por fóra e tamén por dentro.

 

Un momento da ruta co Castelo de O Bolo ao fondo.

 

Situado na parte alta de O Bolo, o castelo é un dos monumentos máis emblemáticos da zona. A súa primeira construción sitúase entre os séculos XII (Dna. Urraca) e XIII (Dna. Sancha). Con posterioridade o castelo pertenceu ós Condes de Lemos. Con motivo da revoltas Irmandiñas, o castelo sofre importantes danos e é reconstruído a finais do século XVI baixo patrocinio do conde de Benavente D. Juan de Pimentel. A finais do século XVI a vila de O Bolo pasa de ser de señorío a ser de realengo (pasando a depender directamente da corona).

O castelo chega ata os nosos días logo dunha historia de épocas de destrucción, de abandono (usándose o castelo como canteira, escola de primaria, cárcere ou campo de festas ata que no 1999 comeza a súa rehabilitación cun museo  de carácter interactivo e permite achegarnos de xeito ameno e entretido á fascinante historia dunha fortaleza do sigo XV. Este centro de interpretación revela a evolución do castelo dende as súas orixes ata a actualidade. Para iso a exposición conta cunha recreación de distintos ambientes de época, reprodución de obxectos, paneis, textos e ilustracións que se poden tocar e usar de maneira que o visitante poida sentirse actor da historia.

A actividade, gratuíta, organizada pola oficina de turismo da Rúa remataba coa visita á Adega Corzo en Chandoiro.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button