Co fin da posta en valor do seu patrimonio etnogróafico, o Concello do Bolo vén de realizar unha actuación de rehabilitación dun muíño hidroeléctrico no entorno do Santuario da Ermitas. executada grazas as axudas da Consellería de Cultura e Turismo, que achega o 65% do total do custo do proxecto.
Esta actuación forma parte dunha intervención máis ampla de rehabilitación doutros elementos patrimoniais deste concello ourensán que incluíu, ademais, a restauración doutros dous muíños, un fariñeiro e outro de aceite, emprazados na marxe do río Bibei, en As Ermidas.
O pasado 20 de novembro a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, acompañada polo alcalde do municipio, Manuel Corzo, e por outros membros do grupo de goberno, coñeceu os traballos realizados para recuperar o muíño e reconvertelo nunha pequena fábrica de luz, co obxectivo de amosar aos visitantes o procedemento usado para a produción de electricidade, xa que coa pequena central se abastecerá de enerxía ao propio muíño. A actuación incluíu tamén traballos de limpeza e acondicionamento dos accesos, así como de sinalización.
Fotos: Carlos G. Hervella.