En portadaEntroido 2021Galerías de fotosÚltima horaVídeos

O Boteiro sae de forma simbólica no municipio de Vilariño de Conso

 

 

Nun ano normal este Sábado de Entroido sería o día grande desta festa en Vilariño de Conso. A pandemia truncaba a celebración desta arraigada tradición, pero non a súa chama. Por iso, tirando de creatividade e ilusión o Concello, en colaboración coa Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño, poñían en marcha unha iniciativa para que, de forma segura e nas súas casas, celebrasen a Festa do Cabrito cun reparto a domicilio de cada un dos veciños dun lote cos produtos necesarios para facelo.

 

 

Ademais esta entrega viña na vila e en cada aldea da man da figura de referencia do Entroido de Vilariño: o Boteiro. Desta volta saían sós, sen a compaña sonora dos bombos, aixadas e gadañas do folión, saltando sobre a súa monca e facendo soar o seu cinto en rúas baleiras de xente. Algún mesmo botaba man da gadaña para romper o silencio dun Entroido diferente e silencioso. Aínda así, a súa especial e fugaz presenza enchía de ilusión e ledicia á veciñanza.

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button