CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Bravo Lux complementa a programación da Festa do Codillo da Rúa co concerto de The Cruze

A banda coruñesa actuará o sábado 27 de xaneiro a partir das sete da tarde

 

O Bravo Lux da Rúa remata o 2023 como un local de referencia na organización de concertos en directo e noites temáticas de DJ. Un esforzo que se ve recompensado case sempre coa participación da súa clientela habitual e público que chega doutros lugares.

Para comezar o 2024, e seguindo coa tradición de complementar o ambiente que xera a Festa do Codillo da, o vindeiro 27 de xaneiro terán en directo a The Cruze, grupo coruñés de versións no que os seus membros comparten a paixón pola música. Levan anos gozando e esforzándose para que toda esa enerxía chegue ao público nos seus directos, e abofé que o conseguen dada a súa traxectoria de máis de 17 anos enriba dos escenarios interpretando os máis destacados clásicos do Rock n’ Roll dende os 60 ata o 2000.

 

 

O concerto empezará sobre as 19 horas e xa pola noite haberá música de baile con DJ. Ademais, a xerencia avanza tamén que esa noite faranse 2 sorteos de 150 €nos que se poderá participar con boletos que se conseguirán con cada consumición.

Artigos relacionados

Back to top button