En portadaSanidadeÚltima hora

O brote de Covid da Rúa elévase a 9 afectados, tras 2 novos positivos

Sinalización para realizar probas de Covid no Hospital de Valdeorras./ Foto: A.R.

 

Dous positivos máis en Covid-19 veñen de vincularse ao brote detectado días atrás no municipio valdeorrés da Rúa. Trátase dunha muller de 34 e un home de 42. Con eles son xa 9 as persoas asociadas a este brote, tal e como confirma a Consellería de Sanidade.

Estes dous novos positivos non residen na Rúa, senón noutro punto da provincia.

 

Artigos relacionados

Back to top button