DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa cae pola mínima ante o Salamonde C.F.

Co 0-1 remataba o encontro da xornada 9 en degunda Galicia adiantado ao sábado 2 de novembro

 

Cun minuto de silencio polo falecemento do avó de Borja (Nº 3 do Rúa) e da nai de Julio (porteiro dos veteranos), comezaba no campo rues Vicente Solarat Maceda o encontro da xornada 9 en segunda Galicia, adiantado ao sábado 2 de novembro.

Dun lado do campo os rapaces do C.D. Rúa que adestra Luis Mª Ferrer saían ao terreo de xogo coa necesidade de seguir puntuando para non quedar descolgados da metade superior da clasificación. Do outro, o equipo do Salamonde C.F. que chegaba dende o terceiro posto da táboa e non estaba disposto a poñerlle as cousas fáciles. De feito os noventa minutos do encontro foi un continuo tira e afrouxa por parte de ámbolos dous equipos sen acerto por parte de ningún dos dous ata que rozando xa o final do encontro, cando parecía que o empate a ceros ía ser o resultado final, o gol de Agustín inclinaba a balanza a favor dos visitantes que lograban a vioria sumando os tres puntos en xogo.

Con este resultado o Rúa mantense no posto 8º da clasificación mentres que o Salamonde sube ata o segundo posto. A seguinte cita para os rueses será no campo O Tato contra o C.D. Barra de Miño.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button