DeportesÚltima hora

O C. N. Sincro Ourense, na liga galega de Figuras de Nivel

O equipo ourensán conta con 37 nadadoras na categoría de Nivel
O equipo Sincro Ourense durante unha proba.
O equipo Sincro Ourense durante unha proba.

A finais de xaneiro, o Club Sincro Ourense acudía ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para participar nas probas que determinan que nadadoras pasan á categoría de Nivel en Galicia, tendo acceso aos campionatos de España da especialidade. Nas probas desputadas en Pontevedra, catro ourensanas lograron o debandito pase co cal “neste momento son 37 as nadadoras nesa categoría” explican dende o club.

Dúas semanas antes, o 17 de xaneiro o club ourensán participaba na primeira xornada de Figuras de Base en Lugo ocupando postos entre os 10 primeiros da táboa “destacando o primeiro e segundo en Base 2 de Noelia Silva e Iris Carid” puntualizan dende o club de natación sincronizada de Ourense.

Con respecto á primeira xornada da liga autonómica de Figuras de Nivel celebrado en Vigo as nadadoras de Ourense tamén se situaban entre as 10 primeiras dos seus respectivos grupos de idade. O vindeiro sábado 7 de febreiro terá lugar a segunda xornada desta liga á cal o club ourensán acudirá coas 37 nadadoras de Nivel.

Artigos relacionados

Back to top button