Ubicado na rúa Ceferino Armesto Nº 2, en Viana do Bolo, hai uns meses que o bar O Callejón ampliaba as súas instalacións. “É un local moi acolledor pero quedábase un pouco pequeno polo que decidimos facer outra zona máis orientada ao recreo”, conta Tatiana.
Así, neste novo espazo que inclúe unha terraza (que se suma ás outras dúas que xa tiña), os clientes poden tomar algo e ao mesmo tempo xogar ao futbollín, ao billlar, aos dardos ou á ra. “Tamén damos comidas e ceas e ten unha chimenea para maior confort no inverno”.
Un bo lugar no que refrescarse nos meses de verán e recollerse nos de inverno, tendo como testemuño ao Boteiro de Viana que preside a sala dende un mural na parede de pedra.
Fotos: O SIL.