ConcellosÚltima hora

O Camiño de Inverno contará cun novo albergue, en Monforte de Lemos

Segundo as previsións, abrirá as súas portas en novembro cunha oferta de 50 prazas

 

As infraestruturas son un dos puntos febles do Camiño de Inverno, especialmente no que atinxe aos albergues, escasos ao longo dos máis de 200 quilómetros de percorrido dende Ponferrada ata Santago de Compostela. Porén, proximamente abrirá as portas un no corazón da Ribeira Sacra.

Na mañá de hoxe 9 de outubro, o concello de Monforte de Lemos collía a presentación dun proxecto do que será o primeiro albergue turístico da cidade. O novo establecemento, que leva por nome “Albergue Santiago 15”, por estar ubicado nesa céntrica rúa de Monforte e nese número 15, é, en verbas do alcalde José Tomé “unha iniciativa que o Concello de Monforte apoia decididamente porque este novo albergue ven a ofertar uns servizos de aloxamento necesarios para os peregrinos e turistas que visitan a nosa cidade, ben mentres fan o percorrido do Camiño de Inverno, ou ben os que se achegan para visitar a Ribeira Sacra ou a nosa cidade”.

 

Ramón Díaz-Varela López (un dos promotores do proxecto) e José Tomé (alcalde de Monforte) na presentación.

 

Este novo albergue turístico contará con 50 prazas que se materializan en liteiras pechadas distribuídas en habitacións compartidas en 4 módulos, proporcionará cun servizo de almorzo tipo buffet e ofertará actividades turísticas ós seus clientes, dende visitas pola cidade, a rutas de sendeirismo ou ciclismo pola Ribeira Sacra, enoturismo, etc.

Tal como adiantan dende o Concello, agárdase que o novo albergue abra as súas portas “ao longo do mes de novembro deste ano 2019”.

 

Logo do albergue turístico.

Artigos relacionados

Back to top button